Lugo lidera un proxecto para difundir o patrimonio do Camiño Primitivo no Xacobeo 2021

A Xunta de Goberno vén de aprobar solicitar unha axuda para desenvolver o proxecto Descubrindo o Camiño Primitivo, liderado polo Concello de Lugo xunto cos concellos de Castroverde, Baleira e a Fonsagrada, ao amparo dunha subvención a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021, dentro do programa O Teu Xacobeo.

En concreto, solicitarán unha axuda á Xunta de Galicia por importe total de 49.000 euros para a execución de Descubrindo o Camiño Primitivo, no que tamén participan as asociacións sen ánimo de lucro ONCE, COGAMI, Auxilia, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, Asociación cultural Promoción de Arte
Urbanas, o Centro de Estudos da Cidade e os grupos de investigación GI-1907 IACOBUS E GI-2162 Atalaia, da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo da iniciativa é desenvolver un programa de actividades que teñen como finalidade a investigación, difusión, dinamización, xestión e valoración do patrimonio natural, cultural, inmaterial, gastronómico e a creatividade artística no eido do Camiño Primitivo na provincia de Lugo.

Concretamente, este programa inclúe a celebración dun congreso internacional, Descubrindo o Camiño Primitivo: Retos, obxectivos e fortalezas cara o 2021, que contará con relatores e mesas de traballo no que se aborden os elementos constitutivos da paisaxe cultural. A previsión de participación é de 18 relatores e uns 100 congresistas.

A maiores, Descubrindo o Camiño Primitivo propiciará a implicación da comunidade educativa a través da elaboración de materiais didácticos e da organización de charlas informativas nos centros educativos; así como a interacción cos peregrinos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com