" />

Lugo mantén o mesmo número de casos activos por Covid-19 ca onte

Con 30 casos activos por Coronavirus na área sanitaria de Lugo, mantense o mesmo número de casos que onte, segundo informa  a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización.

O número de casos activos de Covid-19 en Galicia é de 515, 9 menos ca onte. Deles 113 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 43 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 19 están en unidades de hospitalización e 495 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.252 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 151.390.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo