" />

Lugo Monumental apraza o seu Samaín

As cestas están preparadas, os caramelos nos locais colaboradores, o fondo terrorífico instalado… pero, con todo, dende Lugo Monumental decidiron hoxe aprazar os actos de Samaín dadas as novas restricións decretadas por Sanidade.

“Entendemos que as accións previstas non entrañan risco pero cremos que é o máis prudente e o máis aconsellable neste momento”, aseguran dende a asociación de empresarios, “a saúde é o primeiro e non podemos dar unha mensaxe confusa á poboación. Pasamos da prudencia a un peche perimetral e á prohibición de reunións de non conviventes co que a única decisión responsable é esta.

Con todo desde a Asociación aseguran que, polo momento, os actos quedarían aprazados, non se suspenderían. Isto quere dicir que haberá un Samaín “fóra de data” en canto as circunstancias o permitan. “Do mesmo xeito que en Burela un apagón provocou facer un fin de ano tardío, cremos que os nenos han de poder gozar dun Truco ou Trato seguro sexa cal for a data, que se anunciará”, din dende Lugo Monumental.

“Sentimos enormemente ter que tomar esta decisión pero cremos que é a única que a prudencia máis elemental obriga a levar a cabo”, conclúe a asociación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo