" />

Lugo Monumental e Val de Quiroga fan posible o ‘milagre’ de San Vicente

Esta tarde a asociación Lugo Monumental axudou a San Vicente, titular da fonte da Praza do Campo, a obrar o seu “milagre” e facer que os tres canos da popular escultura manen viño, tamén posible grazas ao patrocinio da adega Val de Quiroga. A Alcaldesa Lara Méndez, asistiu á Praza do Campo nun xesto de cercanía cara á veciñanza lucense e aos colectivos organizadores do evento.

Este acto, sinxelo pero vistoso, recupera a súa popularidade despois de que Lugo Monumental rescatase unha bela tradición que ameazaba con desaparecer para sempre ao suspenderse a súa celebración durante máis dunha década. En 2014 volveuse a levar a cabo e esperamos que este segundo ano marque unha continuidade no tempo.

Participou no acto o orfeón Xoán Montes, que amenizou coas súas voces o evento, e no mesmo acto fíxose entrega dunha placa e distintivo a Dona Amparo Yáñez do Restaurante Campos, e tamén se outorgou o título de Socia de Honra de Lugo Monumental á soprano Noemi Mazoy. Recoñécense así, a traxectoria de Dona Amparo, e a constante colaboración que Noemi Mazoy desenvolveu con esta Asociación dende hai xa anos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo