Lugo Monumental faise eco do malestar dos praceiros

Os socios de Lugo Monumental que teñen postos na Praza de Abastos informaron a dita asociación que foran convocados polo concello a unha reunión urxente con todos os demais afectados para concretar os seus postos na carpa provisional da Praza da Soidade.

Segundo informa Lugo Monumental, “a pesares  de que o ambiente está moi enrarecido polas continuas contradicións do concello e a improvisación coa que se está actuando, os praceiros acudiron con espírito construtivo para tentar sacar adiante esta solución temporal para non ter que pechar os seus postos, o que é en todo punto inasumible economicamente”.

Os portavoces municipais, xunto a técnicos e instaladores da empresa que está a montar a estrutura tomaron nota das necesidades particulares de cada un dos praceiros desprazados e apelaron á provisionalidade da medida, o que foi aceptado polos industriais “sempre que se cumpran os criterios de salubridade e hixiene que son necesarios ao falar de produtos alimenticios”.

Os praceiros fixeron fincapé na necesidade de instalar paneis informativos sobre a localización dos postos durante os días do peche (do mesmo xeito que se fixo en Doutor Castro), e a crítica importancia de que exista unha notificación oficial para que os empresarios poidan executar as garantías e dereitos aos que poidan acceder.

A cinco días do suposto peche da praza, segue sen concretarse que días se podera facer o traslado da mercadoría, a instalación de postos, conexión de instalacións  e o máis preocupante, segundo o colectivo, “ é que hoxe se afirmou que se irá vendo que día se procederá ao peche da praza, o que choca de fronte con todas as noticias emitidas ata agora”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com