Lugo Monumental pide ao Concello que suspenda o peche do aparcadoiro Ánxel Fole

Durante a mañá de hoxe Lugo Monumental rexistrará no Concello un escrito en que solicita ao Concello de Lugo que suspenda a orde de peche do aparcadoiro Ánxel Fole por consideralo “unha instalación que non só é de interese público senón por apreciar que hai saídas legais para mantelo aberto”.

No escrito que presenta Lugo Monumental, a asociación entende que “este asunto transcene o interese privado da empresa que o explota , xa que mesmo o propio PEPRI recolle na Memoria de Ordenación (punto 6.4.3, páxina 66) unha proposta de novos aparcamentos e di expresamente que ese aparcamento contribúe a equilibrar a dotación de prazas de aparcamento vinculadas ao ámbito do Plan Especial. É dicir, que considera este aparcamento unha dotación que se integra no propio PEPRI”.

Para Lugo Monumental “a consideración dunha dotación de interese público, algo que o PEPRI contempla e que, por tanto, non se debe a unha cuestión meramente privada, permítenos traballar desde un punto de vista máis cauteloso á hora de decretar un peche e, por tanto, é probable que haxa alternativas a unha medida extrema que fará un dano terrible ao centro histórico”.

No caso de que prospere a orde de peche, a asociación propón unha serie de medidas que, “aínda que non contrarrestan o negativo efecto de clausúraa desta instalación, si podería reducir o impacto no centro histórico”. As medidas que proponen son:

Autobuses gratuítos: Creación de dúas liñas de autobuses (norte-sur e este-oeste) que comuniquen o centro histórico coas principais zonas poboadas da cidade para que supoñan unha alternativa real ao uso de vehículo privado.

Recuperación dun sistema de rotación de aparcamentos: Aínda que Lugo Monumental sempre se mostrou contraria á proposta de ORA que se expuña en substitución da agora suspendida, sempre dixemos que é necesario establecer en determinadas zonas un sistema de regulación de aparcamentos que racionalice o seu uso. A actual situación fai máis urxente a implantación deste tipo de sistema.

Bolsas de aparcamento en solares: Creación de bolsas de aparcamento en todos os solares sen desenvolver da contorna do centro histórico e apertura de zonas actualmente vedadas ao público para aparcamento xeral (Hogar de Santa María, Institutos públicos…).

Bonificación de aparcamentos: Establecemento de bonificacións nos aparcamentos subterráneos propiedade do Concello de Lugo (prazas de Santo Domingo, Ferrol e da Constitución), e mesmo xornadas de uso libre en días de mercado e campañas importantes para o comercio como o Nadal.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Ines Alvarez Lopez
    Set 16, 2019 - 04:53 PM

    E non é milhor que tente axeitarse a normativa??

    Reply
    • Avatar
      Teresa Pacios Valin
      Set 16, 2019 - 11:00 PM

      Ines Alvarez Lopez eso le van anos intentando. As cousas de palacio van despacio.

      Reply
    • Avatar
      Ines Alvarez Lopez
      Set 16, 2019 - 11:07 PM

      Teresa Pacios Valin,non me acab de creer, quw levando os anos que levan, con un negoco bollante , non foran quen de amanhar as irregularidades….vamos, eu persoalmente, non o creo…e por moito servicio que dean, deben cumplir a normativa, como o resto de cidadans…..xa tiveron moita cancha

      Reply
  2. Avatar
    Teresa Pacios Valin
    Set 16, 2019 - 03:56 PM

    E encima, é o único na cidade que ten plazas amplas para calquera tipo de vehículo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo