" />

Lugo Monumental presenta as súas demandas para o casco histórico

Como en anteriores comicios, desde Lugo Monumental queren profundar no “espírito construtivo” que caracteriza as súas críticas e observacións. Así, e tal e como recollen os Estatutos da Asociación, entenden que a sociedade civil ten que colaborar na formación de opinións e, neste momento, os programas electorais dos partidos políticos están abertos a incorporar ideas que a cidadanía lles fai chegar.

Tendo todo esto en conta, dende a Asociación Lugo Monumental, remitirán un documento de propostas ás doce candidaturas que, polo momento, se presentan ás eleccións municipais de 2019, segundo a publicación no BOP do pasado 24 de abril. É dicir, PP, PSOE, Lugonovo, Galicia Sempre, BNG, Cs, ACE-EU-Equo, Podemos, Compromiso por Galicia, Foro Lugo Indenpendente, Vox e Converxencia 21.

Do mesmo xeito, Lugo Monumental ofrecerá a todas estas agrupacións a posibilidade de debater sobre este documento nunha reunión persoal coa asociación.

As propostas

O documento profunda na política de Lugo Monumental de non tomar partido por ningunha opción pero si expor respetuosamente temas e demandas da zona monumental. O primeiro punto, e máis importante de todos, é sen dúbida a revisión do PEPRI, unha acción que leva sendo aprazada ano tras ano polos responsables municipais, e que está a paralizar a actividade rehabilitadora do centro histórico polas dificilísimas situacións ás que se enfronta calquera promotor particular.

Revísanse despois temas como o mantemento da Estación de Autobuses na súa actual localización, a revisión de elementos públicos (bancos, farois…), a creación dun ambicioso plan de conservación e restauración de inmobles e fachadas, a problemática coa banda ancha na contorna amurallada, a carencia de baños públicos e a insuficiencia de zonas de xogo infantís.

Tamén se propón a creación de ordenanzas, como a suxerida Ordenanza de Festas, ou a necesidade de revisar a de ocupación de vía pública ou usos de espazos municipais.

Por suposto tócanse os temas de seguridade, tráfico (peonalización, transporte público, bicicletas…), faise fincapé na problemática da Praza de Abastos, e trátanse extremos culturais como a falta de promoción adecuada da Muralla ou o Camiño Primitivo de Santiago.

En definitiva, segundo a asociación “é un completo documento no que se apuntan as principais necesidades, demandas e suxestións expostas por Lugo Monumental” a todos os partidos e ás que se anexan dous importantes documentos específicos: o estudo sobre a Estación de Autobuses e o de necesidades da Praza de Abastos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo