Lugo Monumental repartirá 1.000 euros en premios á animación de rúa no Entroido

A asociación Lugo Monumental vén de convocar no día de hoxe o VII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, que terá lugar entre os días 1 e 5 de marzo coa colaboración de 27 locais do centro histórico. Como todos os anos, este premio “está pensado para atraer ao centro ás cuadrillas que celebran o Entroido e que enchen as rúas do colorido, a música, e por que non, a irreverencia propia desta época”.

Tal e como recollen as bases publicadas, entenderase como “animación” calquera actividade que as agrupacións participantes consideren oportuna (música, teatro, monicreques, monólogos, maxia, xogos infantís…) e que contribúa a crear diversión e ambiente rueiro no centro histórico de Lugo. Poderanse ter en conta as mellores cancións, disfraces ou presentacións, pero o que máis pesará será a animación creada nas rúas do centro.

Para optar a este premio os participantes deberán inscribirse no formulario facilitado pola asociación e que poderán descargar na web www.lugomonumental.es que se entregará en calquera dos locais participantes ou a través do correo electrónico ao enderezo electrónico asociacion@lugomonumental.es . O prazo de inscrición está aberto desde hoxe e finalizará o día 28 de febreiro ás 24:00 horas.

Ademáis, a organización obriga a cada agrupación a designar a un representante, que será o único interlocutor válido coa Organización para todos os efectos. En caso de resultar premiada, a agrupación faculta expresamente ao representante para recoller o premio obtido.

Os 1.000 euros dos premios entregaránse en vales de 50 euros trocables nas empresas participantes e nos asociados a Lugo Monumental e están divididos en tres galardóns, un primeiro premio de 600 euros, un segundo con valor de 300 euros e, por último, un terceiro premio por importe de 100 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com