Lugo Monumental tilda de “torpedo ao comercio” o retraso no alumeado de Nadal

Lugo Monumental considera “inaceptable” o retraso no encendico considera que el inaceptable retraso en el encendido das luces de Nadal previsto, como pronto, para o 14 de decembro e cualifican este feito como un “auténtico torpedo á liña de frotación do comercio na campaña máis importante do ano” para as empresas da zona urbana.

Para a asociación de comerciantes, entrar a estas alturas no debate da utilidade do alumeado navideño é “imcomprensible” cando todo estudo que se faga chega, segundo explican, á mesma conclusión: “as luces de Nadal crean un ambiente propicio que fomenta a afluencia de público e, polo tanto, as compras desta época”.

Lugo Monumental asegura que non se trata de “fomentar o consumo” senón de estudar onde se produce ese consumo, e aseguran que son os grandes centros comerciais e as cadeas as que, dende xa hai semanas, que locen as súas decoracións festivas porque saben que é un elemento crítico para o éxito da campaña comercial do Nadal.

Este é un tema xa habitual nestas datas, nas que outros concellos xa levaron a cabo o encendido do alumeado. Lugo Monumental lembra que no ano 2015 tiveron que protestar tamén polo retraso na decoración do municipio e que restou afluencia ás rúas. Ademáis, en setembro deste ano, a asociación advertiu que o retraso que levaba o prego da contratación faría, precisamente, que as luces se encenderan cun retraso “inaceptable”.

Dende Lugo Monumental, propoñen ao Concello de Lugo, para vindeiros anos unha data significativa para o encendido das luces de Nadal, como podería ser o 30 de novembro, día no que se conmemora o nomeamento da Muralla como Patrimonio da Humanidade, pois, segundo a asociación “as luces teñen que estar funcionando durante a ponte de decembro”.

“O atraso na aprobación dos orzamentos, atrasa todo”ç

Ante estas queixas de comerciantes, a edil de Economía, Ana Prieto, explicou hoxe que o equipo de goberno está a traballar “ao 150 u ao 200%” para apurar ao máximo os prazos e que permitan ter as luces no menor tempo posible. Segundo o Concello o encendido do alumeado podería ser o 14 ou o 15 de decembro. Ana Prieto culpou, en parte, á oposición deste retraso pois, segundo asegurou “o retraso na aprobación dos orzamentos, que se aprobaron definitivamente en abril, implica un retraso na tramitación de todos os expedientes, incluido o das luces de Nadal”. Ademáis, a edil avanzou que “imos ter un alumeado bonito, espectacular e diferente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo