Lugo pechará o acceso á cidade dende as tres da tarde

A cidade de Lugo continúa a detectar diariamente un aumento significativo de positivos en Covid-19, superando xa os 800 casos. Unhas cifras que impulsaron á Consellería de Sanidade a decretar o peche perimetral do Concello dende as tres da tarde de hoxe. Asemade, aumentarán as restriccións que xa se impuxeran: os lucenses só poderán reunirse cos seus convivintes.

50 novos positivos na última xornada que se suman ás altas cifras dos días anteriores, foron clave nesta decisión de Sanidade que afecta tamén a outras cidades da Comunidade como é o caso de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo ou Ferrol, entre outras.

O conselleiro, Julio García Comesaña, informou que este peche alargaríase, previsiblemente, ata o vindeiro martes, día 3 de novembro, para así evitar os desplazamentos pola fin de semana, na que se conmemorará o Día de Defuntos; e, con iso, tentar evitar a propagación do virus. En canto as limitacións, polo momento, as reunións quedarán limitadas aos convivintes.

Incidencia nas últimas horas

Nas últimas horas, a provincia de Lugo superou os 800 casos activos, tras detectarse 50 novos positivos e pese ás 25 altas recibidas. Nos últimos sete días, a provincia suma un total de 204 casos detectados, un incremento sustancial se contamos que, a pasada semana rexistraba unha incidencia a sete días de 134 positivos novos.

Con todo, a presión hospitalaria continúa estable, con 35 persoas ingresadas, o que si disminuíu foi a presión nas UCIs que hoxe contan con 2 ingresados, tres menos que onte. Ata as 18.00 horas de onte, rexistraronse ademáis dous falecementos: dúas mulleres de 80 e 89 anos que finaron no Polusa e no Hula, respectivamente. Con elas, suman xa 95 persoas falecidas por covid na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com