" />

Lugo pon a punto o dispositivo de seguridade do Arde Lvcvs

A alcaldesa de Lugo e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, copresidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá no Salón de Comisións da Casa Consistorial, co obxectivo de preparar e coordinar o dispositivo do Arde Lvcvs, que terá lugar entre o 15 e 17 de xuño. Nesta reunión tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con mandos da Policía Local, Autonómica e Nacional, así como de Protección Civil e Bombeiros.

No encontro establecéronse as formas e os procedementos necesarios para conseguir unha coordinación eficaz entre as distintas forzas e corpos de seguridade coa finalidade de que os diversos actos programados discorran sen ningún tipo de incidente.

Trátase de garantir que lucenses e visitantes poidan gozar destes festexos con absoluta tranquilidade, motivo polo que é fundamental sumar esforzos e planificar este dispositivo dende a prevención, entre distintas forzas de seguridade, tal e como manifestou a alcaldesa ao remate da xuntanza.

A rexedora informou de que durante a festa haberá, ademais dos turnos rotatorios da Policía Local, un total de 56 reforzos, que irán dende os 14 de venres aos 26 de sábado, con 16 o domingo. Así mesmo, xunto ás quendas
ordinarias do servizo de Bombeiros, situarase unha dotación de maneira permanente nas proximidades da Praza Horta do Seminario, reforzando o turno de traballo con 6  efectivos.

Pola súa banda, Ramón Carballo explicou que efectivos da Policía Nacional e da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia colaborarán co dispositivo de seguridade despregado pola Policía Local para evitar incidentes no transcurso do festexo e para previr a comisión de posibles delictos, especialmente dos que se adoitan rexistrar aproveitando as aglomeracións de persoas. Lembrou ademais que, ao manterse activo o nivel 4 de alerta terrorista, se adoptarán medidas de seguridade no entorno dos campamentos e das zonas peonís, colocando vehículos a modo de barreira. Os axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil, pola súa banda, realizarán controis nas entradas e saídas á cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo