" />

Lugo recibe o Premio Boas Prácticas Locais polo Clima

O tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, participou este venres na cerimonia de premios do IX Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Rede Española de Cidades polo Clima, integrada na FEMP, no que Lugo resultou galardonado. O acto tivo lugar en Málaga, no marco da Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima.

O proxecto de planificación dun barrio multiecolóxico na zona da Garaballa, impulsado polo executivo de Lara Méndez no marco da estratexia LIFE Lugo+Biodinámico como modelo de resiliencia urbana, obtivo o segundo premio na categoría de “Adaptación ao cambio climático”, sendo o único municipio galego galardonado neste certame.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo