Lugo reforza a coordinación e o operativo de prevención de incendios forestais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, presidiu este luns a reunión do Comité Provincial de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais, na que participaron representantes da Xunta, da Subdelegación do Goberno, da Policía Nacional, da Policía Autonómica e da Garda Civil para reforzar a coordinación fronte aos lumes.

Durante o encontro, o Servizo de Prevención de Incendios Forestais informou de que o operativo na provincia contará este verán con 137 brigadas, catro delas helitransportadas, ademais de máis de 1.300 profesionais no momento de maior despregamento. O dispositivo inclúe tamén case un cento de camións autobomba, maquinaria pesada e medios aéreos con bases en Monforte de Lemos, Becerreá, Portomarín e Sober.

A Xunta sinalou que continúa desenvolvendo o convenio con Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, cun orzamento de 25 millóns de euros, e indicou que 62 dos 67 concellos lucenses están adheridos ou en proceso de adhesión.

Na reunión abordáronse tamén as novidades do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), que este ano supera os 213 millóns de euros de investimento. Entre elas destacan a instalación de seis novas cámaras de vixilancia na provincia, un dron en Sober e un sistema de detección de lumes mediante intelixencia artificial.

Villares agradeceu o labor dos profesionais que integran o operativo e apelou á colaboración cidadá para extremar as precaucións e comunicar posibles actividades relacionadas coa provocación de incendios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com