" />

Lugo reivindica unha Unidade do Ictus, no día que se celebra a súa efeméride

Hoxe é 29 de outubro, e lonxe de ser unha xornada máis no calendario, celébrase o Día Mundial do Ictus. Este ano vén acompañado, na provincia de Lugo, cunha reivindicación clara: a creación dunha unidade especializada nesta enfermidade no Hula.

Así o esixía esta mañá a secretaria provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero que lembraba que o seu grupo xa realizou esta petición, de forma oficial, no Parlamento de Galicia no pasado mes de setembro sen contar co respaldo do Partido Popular a esta iniciativa.

Os expertos sinalan que o tratamento precoz é fundamental apra reducir a mortaldade e, incluso, as secuelas que podería deixar a enfermidade. Otero acusou ao goberno popular de “mentir e enganar” á cidadanía ao afirmar que xa está en marcha unha unidade do ictus no Hula, “xa que, como pode comprobar calquera cidadán, esta unidade a día de hoxe carece dun psicólogo, dun logopeda ou dun terapeuta ocupacional; tampouco existe unha área específica no centro nin camas para atender aos doentes con esta patoloxía”. Os socialistas denuncian ademáis os retrasos na rehabilitación destes pacientes.

“O propio PP pediu no 2007, a través de diversas iniciativas parlamentarias a creación desta unidade. Por iso queremos anunciar que dende o PsdeG imos a seguir insistindo na ofensiva parlamentaria para conseguir esta nova dotación sanitaria, porque é de xustiza para a nosa provincia”, remarcou Otero.

Datos do Ictus

Segundo os datos oficiais, en Galicia, prodúcense ao ano máis de 6.000 casos de ictus. A Comunidade rexistra unhas 35.000 persoas con dano cerebral adquirido das que se conta que un 78% se deran tras un ictus. Estes datos recollidos entre 2010 e 2012, están desactualizados e incompletos, unha denuncia que xa fixo en numerosas ocasións a Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido pero que, segundo explican, “describen un panorama de enorme presenza da discapacidade adquirida por causa de ictus, coa maior parte da poboación sen acceso a recursos específicos de atención e rehabilitación”.

Na provincia de Lugo sofren anualmente de ictus unhas 800 persoas. O ictus é a primeira causa de morte nas mulleres, e primeira causa de incapacidade en adultos, e estímase que aínda que a súa mortaldade se vai reducindo, a súa incidencia aumentará nun 27 % no vindeiro cuarto de século.

Identificación rápida do Ictus

A clave para unha rápida intervención é o coñecemento e identificación dos síntomas de alarma do ictus, que se resumen nos 3F, e poñerse en contacto inmediato cos servizos de emerxencias. Fala: o paciente non é capaz de dicir correctamente palabras simples. Forza: non pode ter os dous brazos elevados á mesma altura mentres conta ata 10. Faciana: non mostra todos os dentes ao sorrir.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo