Lugo reivindicará a igualdade o 25 de novembro con actividades durante todo o día

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron este martes no Salón de Comisións as actividades organizadas polo Concello para reivindicar a igualdade o vindeiro venres, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia e Xénero.

Tal e como indicou a edil de benestar, os actos comezarán ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, coa presentación do libro As miñas fillas devolvéronme a vida, unha historia real escrita por unha vítima deste terrorismo mahista, Inés Fernández Lamela. Media hora máis tarde, terá lugar a entrega dos premios dos certames de deseño gráfico contra a violencia de xénero, cuxo gañador é o cartel anunciador das actividades a realizar, e de fotografía, Revelando o machismo.

Como é habitual, ás 12:00 horas celebrarase a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia, e a lectura dun manifesto, ao que nesta ocasión poñerá voz unha árbitro, diante da árbore da vida de Santo Domingo. Tras a lectura, actuarán Ruth León, David Taboada e Adrián Vigo. Ás 13:00 horas, en colaboración con distintas asociacións, clubs deportivos e centros educativos, roderarase a Muralla de negro, coa posterior solta de globos en cada unha das dez portas da Muralla.

Xa en xornada de tarde, diante da Casa do Concello, ás 17:00 horas, a Fundación Juan Soñador levará a cabo a realización dun mural de expresión artística colectiva e dun photocall con mensaxes a favor da igualdade. Por outra banda, a área de xuventude ten preparadas máis accións reivindicativas da igualdade, demandadas polos mozas e mozas que participan habitualmente nas actividades na Casa da Xuventude.

Unha delas é a actividade viral Desafío Maniquí, con moito éxito nas redes sociais, que consiste en parar ao longo duns 3-5 minutos das labores diarias. Isto gravarase e difundiarase nas redes sociais. Será ás 19:30 horas na Casa da Xuventude. Posteriormente, prantarase unha árbore e haberá música tradicional galega. “Facémolo porque cremos que é importante ter en conta aos máis cativos e cativas e aos mozos e mozas para concienciar desta problemática en idades temperás”, subliñou Basadre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com