" />
Lugo sen Mordazas amosa o seu rexeitamento á ordenanza cívica

A plataforma cidadá, Lugo Sen Mordazas, amosou esta mañá durante o pleno do Concello de Lugo, o seu rexeitamento á ordenanza cívica que pretende aprobar o grupo de goberno. Algúns membros da plataforma, presentáronse no salón plenario portando pancartas e en silencio. Durante a intervención da edil de Lugonovo, algún deles achegouse á bancada onde estaban os concelleiros para dar panfletos informativos. A rexedora, tivo que interromper á edil de Lugonovo, para mandar calar e pedir respecto aos integrantes da plataforma que estaban amosando o seu rexeitamento a esta ordenanza. Entre gritos, a plataforma abandonou o salón plenario para continuar coa súa protesta ás portas da Casa Consistorial.

Publicada por Xornal de Lugo en Jueves, 31 de mayo de 2018

Lugo Sen Mordazas amosa no Pleno o seu rexeitamento á Ordenanza Cívica

A plataforma cidadá, Lugo Sen Mordazas, amosou esta mañá durante o pleno do Concello de Lugo, o seu rexeitamento á ordenanza cívica que pretende aprobar o grupo de goberno. Algúns membros da plataforma, presentáronse no salón plenario portando pancartas e en silencio.

Durante a intervención da edil de Lugonovo, algún deles achegouse á bancada onde estaban os concelleiros para dar panfletos informativos.

A rexedora, tivo que interromper á edil de Lugonovo, para mandar calar e pedir respecto aos integrantes da plataforma que estaban amosando o seu rexeitamento a esta ordenanza. Entre gritos de ‘Lugo Sen Mordaza’, a plataforma abandonou o salón plenario para continuar coa súa protesta ás portas da Casa Consistorial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo