" />

“Lugo ten sete escolas infantís dependentes de tres institucións distintas”

O edil titular de Educación do Concello de Lugo indicou que continuará traballando para que a Xunta de Galiza asuma a xestión das 4 garderías municipais. O concelleiro indicou que “co modelo actual, o concello ten que enviar toda a información á Xunta de Galicia, a encargada de realizar as inspeccións necesarias”.

“Lugo ten sete garderías que dependen de tres institucións diferentes”, declarou o concelleiro de educación, que engadiu “se unha familia solicita praza en dúas garderías dependentes de distintos entes, vese obrigada a realizar trámites burocráticos nas dúas institucións“.

O titular de Educación aposta por “avanzar de cara a un modelo unificado na xestión das escolas infantís públicas”. Este modelo permitiría, segundo o edil nacionalista “evitar molestias ás familias, que se ven obrigadas a realizar trámites burocráticos repetitivos e innecesarios”.

O PP pide a PSOE e BNG “que se poñan de acordo”

Neste senso, o Partido Popular pedía esta mañá aos dous grupos de Goberno (PSOE e BNG). Os populares facían esta petición logo de lembrar que, o pasado luns, a rexedora socialista, Lara Méndez, aseguraba públicamente que as sete Escolas Infantís que hai en Lugo son municipais “apropiándose das que xestiona directamente a Xunta”.

Asemade, os socialistas votaron, no seu momento, en contra de integrarse e “perder o control” das Escolas Municipais co que, os populares ven claro como “se abre outra brecha neste goberno bicéfalo”.

“É inaudito que o concelleiro do BNG, que cobra unha dedicación exclusiva, queira baleirar de competencias a súa carteira. Queda perfectamente retratado que está no concello para cobrar máis que para traballar”, opinan os populares que aseguran que “esta saída dos nacionalistas” proba a “incapacidade de xestión dun bigoberno ao que se lle enche a boca de falar de alcanzar os cen mil habitantes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo