" />

Quedará Lugo sen praia fluvial un ano máis?

Despois de saberse que se paraliza as obras para a realización da praia Fluvial no río Miño, a alcaldesa de Lugo fixo as seguintes declaracións:

“Á vista do que sae hoxe publicado – xa que na Administración local non temos constancia de ningunha notificación oficial que diga o contrario e que nos impida seguir avanzando na creación desta dotación, tremendamente demandada pola cidadanía – cómpre sinalar que os técnicos municipais están traballando cos da Xunta de Galicia na procura das solucións máis axeitadas para resolver esta problemática que acaba de xurdir. Alternativas que poden pasar ben polo desprazamento augas arriba da propia estrutura, ben polo traslado da pequena colonia de mexillóns atopada a outro emprazamento, tal e como a Xunta lle permitiu facer á Confederación Hidrográfica para poder executar as obras do caneiro de Acea Olga”,

Pola súa banda o Partido Popular manifestou hoxe o seu temor a que a praia fluvial de Lugo “non só se vaia a atrasar senón que, por desgraza, sospeitamos que nin tan sequera a vaiamos a poder gozar este verán”. O viceportavoz Antonio Ameijide lamentou que “a incompetencia de PSOE e BNG poida deixar aos lucenses outro verán máis sen esta zona de baño público no Miño que prometeron no ano 2010 e que a alcaldesa leva desde hai sete anos dicíndonos que a vai a poñer en marcha”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo