" />

Lugonovo alerta do nivel de descoido da área dotacional na contorna de Garabolos

O portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, denuncia a “calamitosa” situación de descoido na que se atopa a área urbanizada entre o Centro Comercial de Duquesa de Lugo e a Avenida Paulo Fabio Máximo, na contorna de Garabolos.

Fernandez Rocha explica que “a maleza chega ata as orellas na maior parte das parcelas e que só se libran as canchas de fútbol e baloncesto e un pequeno terreo rodeado de bancos ao principio do recinto”. O vocal califica a zona como unha xungla.

Tal é a situación de descoido que Santiago suxire  “organizar unha ruta dos toxos, aproveitando que a exuberancia da vexetación aínda permite pasear por metro e medio de beirarrúa, programar unha xincana que sortee os montículos de escombro que se amorean en varios treitos e rematar a excursión cunha carreira de relevos ata atopar a primeira papeleira”.

O voceiro de Lugonovo agarda que esta nova perspectiva sobre a imaxe que reflicte este punto da cidade convide ao executivo a rematar co abandono que sofre e que o relega a permanecer inutilizado pese o forte investimento que recibiu no seu día.

Por último, Santiago adianta que a formación trasladará unha petición ás comisións deste mes para que se limpe e adecente o lugar,  e se teña en conta, ademais, a posibilidade de cubrir cunha carpa o xardín infantil así como dotar o espazo de árbores que conviden á tertulia e ao reposo pensando non só na veciñanza do barrio senón tamén en tódolos lucenses que empregan esta estrada para camiñar e facer exercicio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo