" />

Lugonovo aplaude que, por fin, Monbus acate a imaxe corporativa do Concello

Os edís e a edil de Lugonovo amosan a súa satisfacción porque  os autobuses urbanos da cidade vaian a mudar de cor para adaptarse á imaxe corporativa do Concello. Un factor, segundo o voceiro da formación, que non é nimio ante a repercusión económica que tiña para a empresa.

“Alegrámonos de que coa revisión do plan de transporte, o goberno asumira esta reivindicación de Lugonovo. Trátabase de defender os intereses da institución porque non era de recibo que a concesionaria levase dez anos publicitando gratuitamente a súa marca”, manifesta Santiago Fernández Rocha.

O portavoz repróchalle ao goberno que tardara un ano en impoñerlle a Monbus un aspecto que o propio contrato obrigaba a cumprir en tres meses dende a súa sinatura, e que levaba aparellada unha sanción grave, con multas de entre 401 e 1000 €. Ao xuízo de Rocha, hai unha “falta de supervisión absoluta” que posibilita o albedrío operativo non só desta compañía senón de todas as que teñen algunha licitación en vigor.

Por outra banda, os concelleiros e a concelleira da formación afean ao equipo de goberno por non convocar a Comisión de Mobilidade, tal como se acordara en sesión plenaria, para, polo menos, explicar as vindeiras modificacións que experimentará o transporte público da cidade, “ninguneando unha vez máis á oposición”.

“A única información da que dispoñemos sobre esas variacións é a do relato da prensa. Mais do que transcendeu, está claro, que o executivo non tivo a ben incorporar ningunha das propostas que lles fixemos chegar durante todos estes meses”, explica o voceiro.

Entre elas, Lugonovo apostaba por ofertar un bus á carta no rural coa fin de axustar a prestación á demanda real das parroquias, incidir na reorganización das paradas así como ampliar os traxectos a zonas do municipio que actualmente carecen de liña propia. Tamén se suxeriu facilitar ao bus a preferencia semafórica para volvelo máis áxil e eficaz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo