Lugonovo aposta por impulsar o proxecto BioReDes como exemplo de sinerxía institucional

Universidade, Campus Terra e Xunta son os piares; os obxectivos: fortalecer a nosa capacidade investigadora, promover relacións estratéxicas coa contorna produtiva, social e gobernamental e posicionar Lugo a nivel internacional.

“É a definición de BioReDes pero tamén a esencia do noso programa, orientado a aproveitar todos os recursos locais, a potenciar a súa excelencia, a calidade científica que temos e a nosa capacidade competitiva, fornecendo ademais a cooperación entre organismos e as relacións coa contorna”, refire Xosé Chorén.

O candidato de Lugonovo acudía esta mañá, acompañado polo concelleiro Víctor Álvarez, á presentación desta Agrupación da USC en Lugo, que vertebra aos centros de Veterinaira, Ciencias, a Escola Politécnica Superior de Enxeñería e o Insituto de Acuicultura, constituída como unidade tractora da estratexia de I+D de Campus Terra base para construír un campus de referencia no seu ámbito de especialización.

“Vimos moi satisfeitos e, sobre todo moi orgullosos, de que a Universidade comparta con nós, non só os desafíos que ten o municipio senón que a maneira de afrontalos sexa baixo a perspectiva de que supoñen unha portunidade para nós. Falamos de aproveitar o patrimonio natural para xerar unha produción animal, agrícola e forestal sostibles, falamos de pular pola alimentación segura e, por suposto tamén, porque todos estes aspectos revertan nas políticas de benestar, na asistencia, por exemplo, á terceira idade e, como non, no turismo. Porque na colaboración, está a clave. Diso estamos seguros”, expuxo Chorén Vázquez.

O alcaldable de Lugonovo cualifica como “vital” o papel que o Campus de Lugo desempeña no concello. “É un dos pulmóns do municipio, unha gran fonte de ideas e de talento que debería gozar de maior protección e transversalidade social. Esa sempre foi e segue sendo a vontade de Lugonovo”, concluíu Xosé Chorén.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com