" />

Lugonovo comprácese de que o Concello comece a cumprir as iniciativas presentadas pola formación

“As nosas máis sinceras felicitacións a este equipo de goberno por incorporar, á súa axenda de traballo, outra das propostas achegadas por Lugonovo durante este mandato”. A voceira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz traslada así a noraboa da formación laranxa ao executivo local por aproveitar outra das iniciativas presentadas por Lugonovo, neste caso, para mellorar a imaxe e conservación do Camiño Primitivo.

“Esta agrupación leva reclamando, dende que chegou á Corporación, maior compromiso e atención das administracións públicas para corrixir a fealdade e os desastres urbanísticos que acompañan ao Camiño Primitivo ao longo do seu traxecto polo termo municipal. O noso programa xa pulaba por actuacións como o incremento da sinalización da vía así como a súa rehabilitación ao tempo que instábamos a revalorizar aqueles espazos que tanto estética como patrimonialmente se atopaban máis degradados; sinalábamos como exemplos a Calzada da Ponte ou a ponte na Ronda do Carme suxerindo que se facilitara a realización de diversas instervencións artísticas sobre elas ou que se permitira a instalación de lonas decorativas nas edificacións máis deterioradas”, indica a portavoz de Lugonovo.

A agrupación amosouse “satisfeita” de que as súas ideas sexan atendidas polo goberno local “aínda que sexa en tempo de desconto” e agradecen a intención do Concello de executalas. “Demostra que o noso proxecto de cidade resulta atinado e atractivo e, cun pouco de vontade política, tamén factible e viable. Mágoa que este executivo só atope motivación para defender os intereses do concello cando se achega a campaña electoral”, conclúe a voceira de Lugonovo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo