" />

Lugonovo considera desproporcionado o aumento de gasto da corporación municipal

A plataforma cidadá Lugonovo quere facer público “o seu rexeitamento ao incremento de gasto previsto para a corporación municipal durante o presente mandato ao entendelo completamente desproporcionado”. Para Lugonovo, “este cambio nas cifras non responde a unha necesidade obxectiva e deixa en mal lugar a aqueles cargos públicos que facían da responsabilidade, a mesura e o equilibrio orzamentario parte do seu programa político”. Para Lugonovo resulta indicativa, ademais, a celeridade do acordo económico logo de se faceren públicas, nas semanas previas, desacordos noutras áreas entre as formacións que integran actualmente o goberno municipal.

Porén, a plataforma cidadá dará por ben empregados o elevado número de dedicacións exclusivas e de asesores se “conseguen, contra todo pronóstico, rematar coa parálise institucional en que a nosa cidade ten estado inmersa durante case media década”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo