" />

Lugonovo defende a imposibilidade de pactos con PSOE e PP

Esta mañá tivo lugar unha rolda de prensa da plataforma cidadá Lugonovo, onde degrañaron máis polo miúdo o seu programa electoral, e que contou con Breogán Rioboo, Secretario Xeral de Podemos Galicia e Javier Folgueira Secretario Xeral de Podemos Lugo, que deron publicamente o seu total apoio a esta candidatura.

Pola parte de Lugonovo estiveron Santiago Fernández Rocha, candidato á alcaldía da formación, Cristina Pérez Herraiz e Iñaki García Gómez.  Fernández Rocha falou de transparencia ou de participación cidadá, e reiterou o seu compromiso de non pactar con partidos que leven imputados nas súas listas, en clara referencia ao actual alcalde, López Orozco, do que dixo “ten unha responsabilidade política absoluta, xa que nomeou a Fernández Liñares como número dous nas súas listas anteriores, persoa que saqueou ao Concello de Lugo, e que Orozco, ben por acción ou por omisión, non pode seguir gobernando”.

Sinalou que “para dignificar a vida política no Concello”, non pactarán asemade con partidos aos que cualificou a nivel estatal, de “nido de corrupción”, en referencia aos populares.

Escoitámolo:

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo