Lugonovo denuncia o “descontrol do tráfico” e o “caos circulatorio” na cidade

“Até 16 furgóns estacionados no mesmo intre na praza de Armanyá e máis dunha vintena de turismos subidos ás beirarrúas de San Fernando. Esa é a regulación e o control do tráfico que se leva a cabo nesta cidade”. A portavoz de Lugonovo denuncia con estes dous exemplos o “caos circulatorio” que se vive na capital “onde non existe nin unha normativa de carga e descarga axeitada, nin un acceso racional ao Casco Histórico, nin tampouco presenza policial suficiente que asuma a súa vixilancia e que cumpra unha función disuasoria deste tipo de infraccións”.

“¿Onde vai logo o novo sistema de mobilidade que a alcaldesa presentou a finais do 17?”, pregunta a voceira.
Cristina Pérez Herráiz lembra que a rexedora anunciou publicamente, en decembro dese ano, que os orzamentos municipais de 2018 incluían unha partida de 300.000 euros para, entre outras actuacións, substituír os actuais bolardos por cámaras lectoras de matrículas e que tamén entraba nos plans do goberno local modificar os puntos de entrada e saída ao recinto amurallado así como restrinxir as tarefas de reparto nesta zona ata as dez da mañá.

“Ningunha destas medidas entrou aínda en funcionamento senón máis ben todo o contrario. A situación empeora a pasos axigantados non só pola falta de concreción de todas estas propostas senón tamén polo albedrío que propicia a falta de efectivos de seguridade”, denuncia a portavoz de Lugonovo ao tempo que insta ao executivo a asumir as súas responsabilidades e a corrixir todas estas eivas en materia de tránsito rodado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com