" />

Lugonovo denuncia que a edil de cultura faltou a súa palabra

Tres semanas despois do último Pleno, onde a concelleira de Cultura deu a súa palabra de publicar o prego de contratación para a xestión dos Museos nun máximo de 15 días, constátase o incumprimento.

“É vergoñento!” –  denuncia Cristina Pérez Herráiz – ”os lucenses levamos dous anos cargando cunha concesión caduca que lle supón ás arcas públicas máis de cen mil euros anuais que acaban no peto de Sermasa”.

A edil de Lugonovo subliña que, despois de interpelar ao goberno en varias ocasións sobre este asunto “só recibimos unha desculpa nova a cada pregunta pero seguimos sen coñecer cal é o atranco verdadeiro que impide a finalización do documento. Isto nos fai pensar que se trata dunha paralización inxustificada e tamén interesada”.

Pérez Hérraiz destaca que esta falta de concreción mantén moi precoupado ao persoal das instalacións. “Están vivindo unha situación de inestabilidade moi pronunciada que non ten visos de finalizar. O executivo non parece ser consciente de que esta demora somete gratuitamente aos traballadores na incerteza sobre o seu futuro, xa que dende o 2014 descoñecen se mudarán as súas condicións laborais cando entren en vigor as novas bases”. Por iso, a concelleira trasladará de novo varias cuestións á correspondente Comisión de decembro.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo