" />

Lugonovo deu a benvida as festas da cidade comendo polbo nas casetas do feiral

Un ano máis Lugonovo recibiu as festas patronais de Lugo coa celebración dunha comida nas casetas do polbo.  Á mesma acudiron persoas inscritas e simpatizantes da plataforma cidadá. Unha das casetas do feiral foi o escenario dun encontro onde as/os asistentes degustaron unha boa comida nun ambiente distendido propio destas datas. Ao encontro non faltou o portavoz de En Marea Luís Villares, a voceira municipal Cristina Pérez, así como outros destacados militantes, para gozar das festas da cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo