" />

Lugonovo e Cidadáns decidirán o goberno municipal de Lugo

A unha semana das eleccións, os dous grandes partidos continúan en situación de  empate técnico e todo semella indicar que así se chegará ao día 24. Polo tanto, a posibilidade de que o goberno municipal o decidan  Lugonovo e Cidadáns aumenta día a día. Podería darse una situación na que só fora necesario o concurso dunha  destas forzas, pero todo indica  que  non será asi.

A balcanización destas eleccións fará tremar o “statu quo” político actual. Os nove partidos que compiten polos  25 escanos en liza xerarán unha dispersión do voto que terá consecuencias directas por exemplo, para o BNG, pois deixará de  ter o papel protagonista que tivo dende 1999 na política municipal, cando entraba no goberno con seis concelleiros. Dende aquela data a formación nacionalista non fixo máis que ir perdendo apoios, ata quedar reducida á mínima expresión, que podería levalos, se continúa o trasvase de votos cara Lugonovo, a non estar presentes na nova corporación municipal.

Aquel maio de 1999 foi a grande oportunidade de facer historia para os nacionalistas lucenses, pois a lista do BNG encabezada por Branca Rodríguez Pazos saía cunha importante vantaxe sobre o Partido Socialista capitaneado por un Orozco, que a base de tesón, esforzo e un traballo feito casa por casa, foi quen de darlle a volta ás enquisas e, cos sete escaños conseguidos sumados aos do BNG, facerse co bastón de mando.

Tal e como están as cousas, pouca ou ningunha  posibilidade  hai para  este tipo de sorpresas. O novo  alcalde de Lugo sairá das ringleiras de Psoe ou do PP . Que o faga a favor dunha ou outra formación política está nas mans de Lugonovo e Cidadáns. Parecería, polo que digo, que pouco queda logo por facer, “alea jacta est”. Nada máis lonxe da realidade. Ese empate técnico demoscópico ten o seu talón de Aquíles e está nesa porcentaxe de máis que do 40% de indecisos. Así que: a por eles!

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo