" />

Lugonovo e CXG comparecen xuntos públicamente para amosar as súas coincidencias da problemática lucense

O candidato de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha e Xoan Bascúas , Secretario Xeral de CXG celebraron unha rolda conxunta para expresar as súas coincidencias nos actuais problemas que teñen os concellos  “a raíz das políticas que realizan PP e Psoe”.

Santiago Fernández Rocha agradeceulle o responsable de CxG o seu apoio a esta plataforma cidadá “que nace desde un compromiso ca transparencia, democracia e a defensa dos máis desfavorecidos. Lugonovo está respaldado por diversos partidos pero as decisións son individuais e asamblearias”, suliñou Rocha

Pola súa parte Xoan Bascúas quixo deixar claro que “CXG dende o seu nacemento defendeu moitos dos principios que actualmente defenden as Mareas, sendo o seu partido o primeiro en Galicia que abriu as portas ás Primarias para elexir os dirixentes e representantes institucionais de  CXG”.

Os dous dirixentes políticos coincidiron que estas eleccións van a ser determinantes “para visualizar o declive do bipartidismo e a entrada de aire fresco nas coorporacións municipais, rachando cas redes corruptas e clientelares do PP e Psoe”.

A candidatura de Lugonovo participará mañá na marcha ciclista revindicativa pola rúas de Lugo para “poñer en evidencia as distintas carencias e problemas do noso Concello. Así mesmo poñeremos en valor a bicicleta como un medio de transporte respetuoso co medio ambiente”. A saída da ruta ciclista  será ás 10,30h da Porta de San Fernando.

Farán diversas paradas revindicativas en distintos lugares da cidade. “En San Fernando demandamos a recuperación do cuartel, na Praza Maior denunciamos os abusos da Banca e apoio aos preferentistas. Na rúa Río Neira e Avda de Ramón Ferreiro solidarizámonos cos traballadores de Liteyca e Gran Hotel Lugo. Outra das nosas paradas será na praza da Milagrosa para homenaxear aos nosos maiores e remataremos na porta do Concello, onde imos a gobernar e dar un xiro radical á política municipal”.

Asemade, en Lugonovo propoñen como obxectivo a medio prazo optar ao Premio Capital Verde Europea (European Capital Green), adoptando as actuacións necesarias para a obtención deste prestixioso galardón.

Ademáis, propoñen a potenciación do uso da bicicleta a traveso de campañas de divulgación como o uso do carril-bici Norte/Sur, Río Miño, ou aparcamentos de bicicletas públicas en distintas zonas da cidade. Asemade estudarán a viabilidade de reducir o Imposto de Circulación por utilizar a bicicleta nos desprazamentos.

Outro obxectivo de Lugonovo é o de reducir o uso do coche particular nun 20%, a traveso de diferentes campañas de concienciación.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Borja García
    Mai 16, 2015 - 10:03 AM

    Penso que tamén deberían parar no entorno do antigo Xeral e demandar servizos para él que sirvan para xerar empleo directo, indirecto e para que axude ao rexurdir do barrio.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo