" />

Lugonovo pregunta pola data de entrega dos hortos urbanos

Foi un acordo ao que Lugonovo chegou co goberno para apoiar os orzamentos de 2016. En xuño do 17 aprobouse a ordenanza reguladora da concesión e en abril do pasado exercicio foron adxudicados. A mediados de xaneiro de 2019 os hortos urbanos dos Paxariños seguen, en cambio, sen entregar. A formación cuestionase o por qué desta prolongada demora.

“O pasado setembro o goberno argumentou que fora preciso retrotraer o expediente por un erro administrativo acaecido na admisión de solicitantes pero que nese momento o concurso xa se atopaba en fase de exposición pública e que no mes de outubro todo estaría listo para outorgar definitivamente as parcelas por dous anos vexetativos”, explica Víctor Álvarez lembrando a resposta ofrecida polo responsable de Desenvolvemento Sostible a preguntas presentadas con anterioridade pola formación.

“Sen embargo a conclusión é que, despois de semellante periplo, os terreos levan case un ano acondicionados pero sen proveito para a cidadanía até o punto de que antes de poder explotalos será preciso limpalos e preparalos outra vez para o cultivo”, lamenta o edil do Grupo Municipal, quen adianta que “de novo, interpelaremos ao executivo para saber cales son agora os motivos deste atraso e cándo estima facer efectiva a cesión. Non entendemos a qué é debida semellante perda de tempo”.

Dende Lugonovo, Álvarez Arias insiste na conveniencia de desenvolver, de forma parella á asignación destes espazos, varias actividades que poñan en valor o seu rol social e sustentable así como mellorar a visibilización desta práctica para aumentar o seu atractivo entre a veciñanza. “Igualmente poderíanse promover outro tipo de accións como a creación de xardíns comestibles, que mesturen vexetais e especies aromáticas para que exerzan, asemade, unha función ornamental e paisaxística dentro da cidade. Incluso implantalos como unha ocupación lúdica e terapéutica nas comunidades xeriátricas”, suxire.

Para o concelleiro resulta moi importante facer unha axeitada divulgación destes terreos agrícolas e da súa versatilidade, para o que propón organizar reunións abertas entre os horticultores, visitas escolares e mesmo algún tipo de certame expositivo no que se recoñezan os hortos cunha presentación máis coidada ou cos mellores produtos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo