" />

Lugonovo preguntará no Pleno polos pluses de produtividade e as horas extra

Os concelleiros de Lugonovo veñen de rexistrar unha pregunta para que no vindeiro Pleno o equipo de goberno aporte información sobre o número de horas extra que os traballadores municipais fan anualmente, así como os cartos que a administración local inviste nos pluses de produtividade.

“Consideramos que a nosa obriga, como oposición, é a de vixiar e controlar a xestión que se fai do diñeiro público. E por iso, e a prol de mellorar tamén a transparencia coa que opera o Concello, solicitamos por escrito esta mañá os datos relativos a esta cuestión que, entendemos, supón un gasto considerable para as arcas municipais”, sinala o portavoz da formación, Santiago Fernández Rocha.

Neste senso, Lugonovo traslada unha batería de cuestións “orientadas a esclarecer a responsabilidade de quen determina as horas extra e a produtividade asignada a cada departamento; os criterios empregados para distribuílas; se existe algún límite mensual ou anual que non se poda superar ou se tódalas horas teñen o mesmo valor económico ou éste ven determinado por condicionantes como poden ser o posto de traballo, ou os horarios nos que se levan a cabo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo