Lugonovo propón ao goberno a utilización de arte urbana para a decoración de locais e baixos pechados

Lugonovo insta ao equipo de goberno municipal a que, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, poña en marcha un plan de medidas co obxecto de contribuír a potenciar o valor estético da nosa cidade para reverter, por medio de murais ou vinilos decorativos, a imaxe de abandono que a día de hoxe presentan moitos destes locais baleiros. A proposta permitiría ademais revitalizar a cidade, principalmente a zona máis céntrica, humanizándoa e dotándoa dunha identidade propia por medio das expresións artísticas.

Lugonovo declara que “a crise económica está a provocar nos últimos anos o peche de moitos locais comerciais da nosa cidade e pola desidia e tolerancia do Concello este feito está aumentando o feísmo externo debido a un total abandono no que se atopan moitos destes locais. Non tomar medidas de rehabilitación e revitalización destes espazos, aínda que sexa de forma efémera, é un xeito de contribuír a un paulatino deterioro da beleza da nosa cidade”.

Asemade, dende Lugonovo son somos conscientes “que este abandono condiciona moi negativamente a mirada dos nosos visitantes polo que, dada a importancia que ten o turismo para a cidade, debemos involucrarnos con decisión para rachar con este deterioro”.

Lugonovo recorda “que xa está contemplada nas ordenanzas a obriga aos propietarios de manter os seus locais nunhas mínimas condicións de limpeza e valor estético, obriga que por desgracia se incumpre na maioría dos casos”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com