Lugonovo quere coñecer a implicación do Concello no CaudalFest

Lugonovo preguntará ata onde chega a implicación do Concello na organización do CaudalFest e de qué partida prevé o goberno sacar os cartos se, como todo apunta, ten pensado financiar esta cita musical.

“Resulta cando menos curioso que a responsable das festas patronais rexeite celebrar un gran concerto como antesala ao San Froilán, aludindo á falta de orzamentos, e que, de repente, a Alcaldesa anuncie non só a actuación dun dos grupos que resultaba inaccesible para a institución senón que ademais programe todo un evento cun cartel de renome nacional. Gustaríanos saber se é que agora a señora Méndez dispón dun presuposto propio dentro da área de Cultura e de competencias na materia, para nós, aínda descoñecidas”, afirma Cristina Pérez Herráiz.

A portavoz do Grupo Municipal cualifica a creación do Caudal Fest como unha boa nova para a cidade mais cuestiona o escurantismo co que foi artellado polo executivo e pide explicacións para aclarar os termos da participación que terá a administración local no seu desenvolvemento.

“Estamos encantados de que haxa un espectáculo deste calado en Lugo pero o feito de que xurdira da nada, pouco menos que dun día para outro, fai necesario que se lle dea transparencia aos termos nos que foi planificado para, por exemplo, poder dilucidar se, no caso de que dea perdas, o Concello debe asumir algunha obriga ao respecto”, advirte Pérez Herráiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com