Lugonovo reclama unha solución para o valado provisional da avenida das Américas

Lugonovo reclama unha solución definitiva para o problema de seguridade cidadá que representa un valado provisional instalado na avenida das Américas e co que se trata de advertir á poboación do desnivel entre a beirarrúa e un soar próximo. 

“A situación, nestes momentos, parécenos perigosísima”, observa a voceira da formación. “Dende Semana Santa, o peche de madeira que delimita os terreos, sitos a altura do número 43 desta rúa, atópase parcialmente derruído, froito, seguramente, das consecuencias dos sucesivos temporais que vimos padecendo. Mais a medida que adoptou o goberno foi a de acordoar o espazo que deixaron os taboleiros derrubados cun feble dispositivo, ao noso xuízo, mesmo improvisado e pouco solvente”.

A portavoz do Grupo Municipal insta ao executivo a restaurar o muro de separación orixinal o máis axiña posible e a deixar de emendar a situación con parches precarios. “Calquera refacho de vento, un pouco considerable, pode facer que esta sinalización se veña abaixo e, entón xa non haberá nada que impida aos peóns caer polo terraplén”, lamenta Pérez Herráiz quen destaca a pronunciada pendente que presenta a zona e as graves consecuencias que tería un accidente deste tipo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com