" />

Luis Álvarez: “É un día complicado e de tristeza, pero non para apuntar solucións inmediatas”

O cabeza de lista do PSdeG pola provincia de Lugo, Luis Álvarez sinalou esta mañá que os resultados acadados pola súa formación tanto en Galicia como na provincia de Lugo “non son bos”. Con todo, Álvarez sinala que hoxe non é momento de “apuntar solucións inmediatas”, senón que ese proceso de reflexión deberá facerse “dentro dos ámbitos regulamentarios”, tal e como sinalou o candidato socialista Xoaquín Fernández Leiceaga.

“É un día complicado hoxe, é un día de tristeza, pero non é un día para apuntar xa as solucións a corto prazo. Seguramente cada un de nós ten unha teoría que explicaría cales foron os motivos, en todo caso non vou facer ningún tipo de apuntamento persoal porque se fará dentro dos órganos etablecidos polo partido”, subliñou Álvarez.

O deputado electo pola provincia de Lugo aproveitou ademais para aposar o seu respaldo a Leiceaga, ao que cualificou como “o mellor candidato e o máis cualificado”. “Imos respaldar a Leiceaga con independencia dos resultados. É o candidato e o lider do proxecto”, sentenciou.

O PSOE na provincia de Lugo conseguiu manterse como segunda forza máis votada por debaixo do PP. Os populares obtiveron oito dos 14 escanos en xogo fronte os tres cadados polo PsdeG, os dous de En Marea e o deputado acadado polo BNG.

Sobre os resultados na cidade de Lugo, onde os socialistas quedaron relegados a un terceiro posto, Álvarez defendeu que se deu esta circunstancia porque En Marea non está no Goberno, e engadiu que nas cidades nas que gobernan as mareas; estas rexistraron baixadas no número de votos ao causaren decepción entre a cidadanía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo