" />

O lume calcina o salón dunha vivenda en Lugo

Un incendio declarado a pasada tarde nunha vivenda en Lugo provocou que ardese por completo o salón da casa, sen que ningunha persoa resultase ferida. Os feitos ocorreron na rúa Illa de Man, á altura do número 4.
O 112 Galicia recibía a alerta do incendio ao fío das 18:30 horas, a través dun particular. Indicaba no seu relato que saía moito fume dunha vivenda. Nese momento, desde o CIAE informábase dos feitos aos Bombeiros de Lugo, á Policía Local e a Protección Civil. Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencias controlaron e sufocaron o lume.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo