" />

Máis de 100 altas médicas recibidas en pacientes covid no día de onte frean lixeiramente o avance do virus

Preto de 110 altas de pacientes covid rexistradas na última xornada son as causantes dun lixeiro freno do avance do virus que, no día de onte rexistrou unha suba de tan só 24 casos, moi por baixo das subas rexistradas nos últimos días que tendían a sumar preto de 100 infeccións activas ao día. 

Con todo, non chega para frear de todo a pandemia e a cifra de casos activos a día de hoxe e de 1978 logo de que na xornada de onte se rexistraran 130 novos positivos en coronavirus. 

Así as cousas, continúa estable a presión hospitalaria que descense en tan só un ingresado. Son, en total 57 pacientes en plantas de hospitalización, 33 deles no HULA, que aumenta en catro pacientes a súa ocupación, trece no Hospital da Mariña que reduce significativamente o seu número de ingresos, e dez no de Monforte ademáis de un paciente positivo covid no Polusa.

Nas unidades de críticos continúa todo sen cambios. O Lucus Augusti segue contando con 14 pacientes covid na UCI e o Hospital da Costa ten un. 

E no día de hoxe, hai que lamentar o falecemento por Covid dun home de 85 que finaba na residencia de Sarria. Asemade, no día de onte o SERGAS notificou outro falecemento que tivo lugar o pasado día 24. É o dunha muller de 83 anos que usuaria da residencia da Pastoriza.

Ao igual que fixeron nos últimos días outros municipios, o Concello de Quiroga anunciou na tarde de onte que a partir da vindeira semana o Sergas realizará na localidade un cribado masivo de probas de antíxenos entre a poboación. Polo momento non trascendeu que rango de idades se someterán a estas probas nin en qué lugar da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo