A XXXIII Feira do Queixo do Cebreiro, un dos eventos gastronómicos máis asentados e significativos da provincia, reune a estas horas, a milleiros de persoas neste municipio da montaña luguesa, que ao longo de toda a xornada gozarán dos pasarrúas a cargo da charanga DGT; unha actuación de baile tradicional a cargo da Asociación Cultural Xistra de Pedrafita do Cebreiro; a lectura do pregón, realizado por Manuel Lolo Aira e un xantar popular.
Esta cita enxalza a o queixo do cebreiro, produto que conta con Denominación de Orixe Protexida dende o ano 2008, e realízase con leite de vacún, sen conservantes nin produtos engadidos. A súa de zona de produción comprende os concellos de Pedrafita, O Courel, Cervantes, Triacastela, As Nogais, Navia de Suarna, Becerreá, Baralla, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara e Samos.