" />

Máis de 13.000 persoas acudiron ás piscinas municipais de Frigsa durante o mes de xullo

Máis de 13.000 persoas acudiron á piscina climatizada e ás piscinas exteriores de Frigsa durante o mes de xullo. A piscina climatizada rexistrou máis de 5.900 usuarios, mentras que a descuberta, máis de 7.200. As boas temperaturas que caracterizaron este mes acompañaron para que os usuarios se achegaran a este complexo acuático para gozar das instalacións municipais.

O día de maior afluencia na piscina cuberta foi o mécores 1 de xullo, con 374 persoas e, o que menos, o venres 24 de xullo con 213. Doutra banda, a piscina descuberta recibiu 511 visitantes o martes 14 de xullo, sendo o mércores 1 de xullo o día que menos bañistas se achegaron a estas instalacións, con 23.

En agosto, permanecerán abertas as piscinas exteriores de Frigsa, de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas, e sábados e domingos, de 12:00 a 20:00 horas. A climatizada estará pechada. No mes de agosto tamén abrirá a piscina das Pedreiras, con horario de luns a venres, de 08:00 a 14:30 e de 16:30 a 23:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán, e que se manteñen como no 2014, son de 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas de ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en diante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,30 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo