" />

Máis de 2.500 lucenses participaron na selección dos 193 postos do Ben Empregado 3! Máis social

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou este xoves que foron máis de 2.500 os desempregados lucenses que participaron durante estas semanas nas probas de selección que tiveron lugar no Pazo de San Marcos para os 193 novos postos de traballo en toda a provincia, que ofrece o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado 3! Máis social.

Campos Conde informou que hoxe mesmo se publicaron en www.deputacionlugo.gal os resultados provisionais de ditas probas. Todos os participantes con dúbidas ao respecto poden consultalas ata o luns incluído no 982-260- 055. As persoas coas puntuacións máis altas, que son os preseleccionados, poden entregar xa a documentación correspondente para continuar no proceso.

Unha vez transcorrido o prazo de dúbidas e os participantes entreguen a documentación necesario que se lle require, nas vindeiras semanas publicarase a listaxe definitiva dos 193 parados lucenses que comezarán a traballar en 178 empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro dos 67 Concellos. Os contratos contarán con cláusulas sociais para blindar os dereitos dos novos traballadores. Os seus custos laborais de 1 ano serán financiados cos 2,4 millóns de euros que achegou o Executivo Provincial á terceira edición desta programación de emprego na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo