" />

Máis de 250 lucenses adquiriron a tarxeta Xente Nova na súa primeira semana

Un total de 252 mozos e mozas lucenses menores de 21 anos adquiriron a tarxeta Xente Nova o pasado mes de maio, a gran maioría nunha semana, dende que o día 21 entrou en vigor a medida que estende a gratuidade do transporte interurbano a toda Galicia, circunstancia que ata agora só se daba nas áreas de transporte metropolitano, na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou que os datos avalan o éxito da iniciativa, xa que nos meses anteriores as solicitudes oscilaban entre as 14 do mes de febreiro e as 29 tarxetas expedidas na provincia no mes de xaneiro, e hai que remontarse a setembro e outubro do pasado ano para atopar cifras similares, cando co inicio do curso académico se solicitaron 191 e 94 tarxetas respectivamente.

A data de hoxe figuran 2.657 tarxetas expedidas na provincia de Lugo, o 40% delas na capital (1.075 en concreto). A continuación figuran, por número de usuarios adheridos, os concellos de Friol (con 110 tarxetas Xente Nova expedidas), Vilalba (84), Monforte de Lemos (74), Outeiro de Rei (74), Viveiro (69), Guitiriz e Sarria, ambos con 58.

Arias explicou que a tarxeta Xente Nova é unha medida social da Xunta está dirixida aos menores de 21 anos e ofrece a posibilidade de viaxar de balde na rede do transporte público de Galicia, ao abeiro dos contratos subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade coas compañías que cobren os distintos servizos.

Engadiu que na provincia hai máis dunha vintena de sucursais de Abanca -a entidade financeira colaboradora- na que poden adquirirse tanto esta tarxeta como a tarxeta moedeiro TMG. Esta última, lembrou, é de uso xeral e garante un desconto mínimo do 10% no prezo da viaxe, que pode chegar ata o 50% no caso de desprazamentos recorrentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo