Máis de 2M de persoas utilizaron o bus urbano de Lugo durante o 2019

O goberno local vén de anunciar que, durante o ano 2019, un total de 2.152.828 persoas utilizaron o bus urbano da cidade. “Isto supón un aumento de 25.269 persoas con respecto ao 2018”, declarou o tenente de alcalde e titular da área de Mobilidade e Infraestruturas quen lembrou que “Lugo segue a ser a cidade do estado co prezo do abono de bus máis barato“, cuns prezos de 0,64€ rebaixables a certos colectivos como mozos ou terceira idade. Unhas tarifas que, segundo anunciou o tenente de alcalde “continuaremos a mantela porque o transporte público debe ser un servizo accesible para toda a veciñanza”.

Ao respecto das novas liñas, o edil declarou que o goberno está a traballar en “transformar a mobilidade de Lugo por unha mobilidade moito máis sostíbel onde o transporte público sexa fundamental”. O tenente de alcalde indicou tamén que “dende a área de Mobilidade continuamos a traballar nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas para que sexan unha realidade canto antes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com