" />

Máis de 350 persoas poderán participar nas actividades medioambientais da Deputación

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns a programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para o primeiro trimestre do 2017. Como é habitual, o calendario inclúe actividades gratuítas pensadas para participantes de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidade da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer ós lucenses.

López Izquierdo destacou que “a través destas actividades, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan pois, durante este ano, participaron nelas máis de 1500 persoas de todas as idades. Esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta”.

Esta nova programación conta con 16 actividades como obradoiros de xaropes medicinais e bebidas tonificantes, fabricación artesanal de queixo fresco ou conferencias sobre cogomelos entre outras. O prazo de solicitude abrirá mañá  ás 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal e no 982 227 812. Todas as actividades terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Actividades de Nadal

Aínda quedan prazas dispoñibles para os obradoiros infantís que se celebrarán na última semana de decembro. Así, os días 26, 28 e 30 de decembro, terán lugar os Contos do medio ambiente, dirixidos a nenos e nenas, no salón de actos da Deputación, de 18:00 a 19:00 horas. E os días 27 e 29, á mesma hora, está programado o obradoiro Aprender a contar e aprender a escoitar, para toda a familia.

Programación

Actividades destinadas aos adultos

O 14 de xaneiro  de 10:00 a 14:00 horas, Curso de Poda impartido por Marcos Besada Álvarez. Nº de participantes: 20.

O 21 e 22 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Herbas máxicas, fabricación de ungüentos impartido por Amparo Grandío Rodríguez. Nº de participantes: 20.

O 26 de xaneiro de 19:30 a 21:30 horas, Os cogomelos como alimento impartida por Julián Alonso Díaz. Nº de participantes: 40.

O 28 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro de educación básica canina impartido por Virginia Torrecillas Hernández. Nº de participantes: 20.

O 4 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro de xaropes medicinais e bebidas tonificantes impartido por Milhulloa. Nº de participantes: 20.

O 18 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, Compostaxe doméstica aplicada á horta impartido por Marcos Besada Álvarez. Nº de participantes: 20.

O 11 de marzo de 10:00 a 13:00 e o 12 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Fabricación artesanal de queixo fresco impartido por Pedro Rosado Hoyo. Nº de participantes: 20 para cada día.

O 25 de marzo de 10:00 a 18:00 horas, Uso tradicional das plantas medicinais en galicia: o exemplo do caurel impartido por María Moure Oteyza. Nº de participantes: 20.

Actividades para familias

O 11 de febreiro de 10:00 a 13:30 horas, Mamíferos. revisión de caixas-refuxio impartido por Gustavo Martínez Lamas. Nº de participantes: 20.

O 4 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Reconéctate coa natureza desde o corazón Noelia López López. Nº de participantes: 20.

Actividades infantís

O 2 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro bolas de neve de nadal impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

O 3 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro crea a túa propia árbore impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

O 4 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro os reis magos aforradores impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

O 5 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro deseñamos e entregamos a carta aos reis magos impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

O 27 de febreiro de 10:00 a 13:00 horas, Botánicos no paseo do río Rato impartido por Ana Viadé Borrego. Nº de participantes: 20.

O 1 de marzo de 10:00 a 13:00 horas, Botánicos no paseo do río Rato impartido por Ana Viadé Borrego. Nº de participantes: 20.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo