Máis de 80 persoas participaron nos roteiros por 16 obradoiros artesáns da provincia

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Tenente de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, Gloria María Prada Rodríguez, participaron este domingo no roteiro a obradoiros de artesáns da zona sur da provincia, totalmente gratuítos, que o Executivo Provincial ofreceu con motivo dos Días Europeos da Artesanía. Durante a fin de semana participaron 83 persoas nos 3 roteiros a obradoiros por toda a provincia.

En concreto, na ruta pola zona sur foron 30 persoas as que visitaron os obradoiros dos artesáns e coñeceron as coleccións que posúe o Museo Pazo de Tor da Deputación. O venres 31 de marzo, participaron 13 lucenses no roteiro pola zona centro, e o 1 de abril na zona da mariña da participaron 40 persoas.

Durante os Días Europeos da Artesanía, o Centro de Artesanía e Deseño ofreceu xornadas de portas abertas, totalmente gratuítas para os lucenses, nas que puideron visitar a Exposición Plastishistoria da Ciencia, a Colección de Instrumentos Musicais, e os obradoiros do Moble, do Libro e Instrumentos Musicais.

Visitas da zona sur

Nesta xira da fin de semana, visitáronse diferentes obradoiros de artesanía en Sarria Arxemil Luthería, dedicado á construción de violíns, violas, violoncelos e zanfonas. Na Ribeira Sacra o Centro Oleiro Reitoral de Gundivós, Un obradoiro dun dos oficios máis ancestrais a olería. Armaior: celebrou os Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu taller a todos os interesados na tornearía de madeira de oliveira. O taller atópase situado no lugar de Toca, Quiroga ao pé da serra do Caurel totalmente artesanal de formas suaves, torneadas coa sensibilidade e o respecto do que coñece os bosques máxicos e nutricios.

Asemade xirouse visita ao Museo Pazo de Tor: Os participantes do roteiro aproveitaron a xornada para visitar as instalacións e as coleccións que alberga este museo pertencente á Deputación de Lugo.

A Feira de Antigüidades de Monforte foi outro dos sitios que visitaron os participantes ao roteiro da zona Sur da provincia na mesma puideron ver os diferentes postos da Feira de Antigüidades da Comarca de Lemos.

Os Días Europeos da Artesanía é unha iniciativa de proxección internacional que tivo a súa orixe nos Journées des Métiers d´Art que se celebran en Francia dende o ano 2002 e en varios países da Unión Europea. En España os Días Europeos da Artesanía están promovidos pola Escola de Organización Industrial EOI e pola súa cátedra de promoción da artesanía, Fundesarte, entidade pública sen ánimo de lucro adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo cuxo principal obxectivo é a mellora da competitividade das empresas artesanais e a súa promoción dentro e fora das nosas fronteiras.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com