Máis de 90 futbolistas do Corgo gozan dun campo de fútbol totalmente renovado

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participaron hoxe na inauguración do novo Campo Municipal do Corgo, totalmente renovado grazas á achega da Deputación e do que desfrutan máis de 90 xogadores. Fixérono acompañados polo Vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez Moreira, o Delegado da RFGF en Lugo, Manuel Castro Núñez, e o Presidente do CD Corgo, Diego Piñeiro. No acto tamén se presentou a nova tempada do CD Corgo, que este ano celebra o 20 aniversario da fundación do seu primeiro equipo.

Campos Conde subliñou “o firme compromiso do Goberno da Deputación de ofrecer a todos e cada un dos veciños da provincia unhas instalacións de calidade para a práctica deportiva, independentemente do lugar no que residan, dentro da nosa liña de ser unha Deputación coas persoas, social e rural”.

A Deputación financiou con 190.000 euros os traballos de mellora no Campo Municipal, consistentes na substitución da antiga superficie de herba natural, moi deteriorada, por unha nova de céspede artificial. A reforma beneficiará directamente aos máis de 90 xogadores federados entre as diferentes categorías do club (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e veterano).

Campos Conde destacou “o labor que leva facendo o CD Corgo nestes 20 anos pola promoción da práctica do fútbol e a súa aposta polo deporte como elemento chave para un correcto desenvolvemento da sociedade, especialmente entre a xuventude”. Os traballos executados consistiron na adecuación da superficie para a práctica do fútbol, na instalación dunha base elástica prefabricada, na colocación do novo céspede artificial e na dotación dun novo sistema de rego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com