Máis de cen persoas desfilarán mañá nas carrozas do Incio

O desfile de carrozas que organiza para mañá o Concello do Incio ten xa confirmada a participación de 8 grupos que soben das dez persoas, polo que xa hai máis de cen disfraces inscritos. A este número haberá que sumarlle as inscricións de última hora e os disfraces individuais, o que fai pensar que a participación no Entroido do Incio será elevada.

Desde o Goberno local agradecen a aceptación que está a ter a programación que organizaron con motivo do Entroido e recordan que haberá agasallos para os participantes.

A saída do desfile será desde a residencia ás 18:00 horas e o percorrido rematará diante da Casa do Concello. Ás 19:00 horas haberá chocolatada e doces de Entroido na Praza do Concello. A celebración estará amenizada por un trío musical.

Ás 22:00 horas haberá unha cea-baile no Mercado Gandeiro do Incio organizada polos veciños e veciñas á que animan a asistir disfrazado. O menú está composto por sopa de cocido, cocido, sobremesa e café e terá un prezo de 15 euros para os adultos e será gratuíto para os nenos e nenas ata os 8 anos. Tamén haberá música en directo con DJ Francis. As entradas poden adquirirse nos bares do Incio e na Ferretería O Garabato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com