Máis dun cento de nenas e nenos participan nos cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico

Durante este mes de xullo teñen lugar os cursos de verán nos que participan máis dun cento de nenos e nenas en quendas de mañá e tarde. Os cursos son impartidos polo monitor Jesús Losada e polo director do P.I.T., José Luis Machado e teñen unha parte teórica e outra parte práctica. Esta maña visitaron as instalación Ruben Arroxo e o Concelleiro de Educación, Felipe Rivas, 

Os cursos son semanais e impártense, no horario de mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas, e polas tardes, entre as 17:30 e as 20:00 horas. As nenas e nenos acuden ás instalacións do  Parque Infantil de Tráfico no Parque da Milagrosa. Na parte prácticas as nenas e nenos practican en bicicleta e kart. Tamén haberá unha quenda especial para ciclomotor. Serán un total de 105 participantes, divididos en 7 quendas e as idades van dende os 8 aos 16 anos.

A programación destes cursos está amplamente consolidada no calendario das familias de Lugo, está organizada polo Concello coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, co obxectivo de que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias tanto do transporte público como privado.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Elena Varela Vázquez
    Xul 11, 2019 - 09:06 AM

    O meu encántalle, recomendable sen dúbida. Haberla que facer outro de reciclaxe

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo