Máis mortos ca Rita Barberá

Levo dito ben veces que para ser político hai que ter un talante, un aguante especial, para resistir impávido ou impávida todo o que a política propina, golpe a golpe, cada día. Algúns non resisten esta presión e bótanse fóra, ou caen coas botas postas. Cando me enterei que morrera dun infarto Rita Barberá, viñéronseme á mente dous versos de Becquer: “Dios mío que sólos / se quedan los muertos”, aínda que ela xa de viva quedou soa cando o PP deixou de apoiala nos seus problemas xudiciais.

Estes versos son aplicables aos que tiveron poder e xa non o teñen. Aos que dedicaron á política os maiores esforzos, e chegado o momento do retiro político –xoguetes rotos- comprobaron que deixado o cargo, non sendo xa influíntes, resultan estar como mortos; deixan de ser visibles, os saúdos e as invitacións escasean… esquecémonos deles coa mesma facilidade que os fixemos sentir importantes. E quedan sos, coma mortos.

Pero hai outro tipo de mortos… os políticos que o mércores, no Congreso, non eran capaces de gardar un minuto de silencio por unha política destacada que acababa de morrer, fóra cal fose o seu partido político, as súas crenzas, si que están mortos.

Só se lles pedía que gardasen un minuto de silencio por respecto a unha persoa á que o seu corazón non puido resistir unha presión para a que se coidaba que estaba preparada. Só se lles pedía que coma o resto dos partidos da Cámara de Deputados, que nos representan ao conxunto dos españois, se puxeran de pé, e gardasen un miserable minuto de silencio, por unha compañeira de “profesión” que acababa de morrer.

E do mesmo xeito que son incapaces de mostrar o máis mínimo respecto pola máxima autoridade do Estado, levando as súas propostas e actitudes a límites que pretenden conectar cos máis extremistas da nosa sociedade, onte cubríronse de gloria expresando o seu desprezo por unhas non escritas regras de convivencia, e –en definitiva- por unha muller con igual ou mellor vocación de servizo ao pobo, ca eles mesmos. E non poido evitar volver a Becquer que proclama: hay algo que explicar no puedo,/algo que repugna / aunque es fuerza hacerlo, / el dejar tan tristes, tan solos los muertos. E a min paréceme que, o mércores, os deputados de Podemos estaban máis mortos ca Rita Barberá.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com