" />

Mañá remata o prazo dos Certames do Belén de Begonte

Mañá, venres, 15 de xaneiro, rematan os prazos de presentación de traballos para os certames convocados polo Centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Begonte, entidade que promove o Belén electónico begontino.

Trátase dos certames de ARTE, XORNALISMO, POESÍA e DEBUXO INFANTIL, convocados a mediados do pasado mes de decembro, con motivo da XLIX edición de O NADAL EN BEGONTE.

Os traballos de Xornalismo, poesía e debuxo infantil poden ser entregados de xeito virtual a través do correo electrónico info@belendebegonte.es, e os cadros para o CERTAME GALEGO DE ARTE han ser entregados persoalmente ou remitidos ao Centro Cultura José Domínguez Guizán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo