Mañá remata o prazo para que empresas e entidades sociais da provincia soliciten o Ben Empregado 3

Mañá, mércores 19 de outubro, é o derradeiro día para que empresas e entidades sociais de toda a provincia poidan concorrer ás axudas do Ben Empregado 3. Está dotado con 2,3 millóns de euros para sufragar os gastos laborais e salariais pola contratación de parados lucenses durante un ano. Na web da Deputación está toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral do ente provincial ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O Ben Empregado 3 contempla 2 liñas de actuación. Unha dirixida a empresas lucenses, ás que a Deputación ofrece subvencionar o 50% da contratación de desempregados lucenses e o 100% no caso de que os parados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, mulleres vítimas deviolencia de xénero, cidadáns con problemas sensoriais, físicos ou psíquicos, ex-reclusos ou veciños de etnia xitana, entre outros.

A segunda liña de actuación está dirixida a entidades e colectivos sen ánimo de lucro. Neste caso, a Deputación subvencionará ao 100% a contratación de desempregados lucenses. Nesta terceira convocatoria, establécese un máximo de 22.000 euros de subvención por empresa ou entidade, coa que sufragar os custos laborais e salariais dos traballadores, polo que as empresas e entidades poderán contratar o número de traballadores que necesiten, respectando, sempre, os seus dereitos laborais.

As subvencións a empresas e entidades serán por réxime de concorrencia competitiva. Poderán concorrer ás mesmas todas as empresas e entidades sociais da provincia, agás aquelas que se beneficiasen do Ben Empregado 1 e 2 e non contrataran finalmente aos traballadores que lles subvencionou a Deputación durante un ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com